lunes, 16 de marzo de 2009

Un tempo para a reflexión

Todos e todas dispoñemos de 24 horas para relexionar o noso voto, antes do día das eleccións. Neste caso, despois do resultado do día 1 de marzo, eu precisei 15 días para reflexionar sobre o que escribir nuha nota para o meu blog.

Como xa teño dito en notas anteriores, pronto fará dúas décadas dende que pertenzo ao PsdeG-PSOE. Un Partido serio e maduro, que xa ten pasado noutras ocasións por altos e baixos, e sempre sen perder as nosas siglas nin o nosos principios progresistas. Pero por moi afeita que esteas, son momentos moi duros, sobre todo pola sensación de non saber porque nos castigaron os galegos e as galegas nas urnas.

A miña reación despois do escrutinio foi de serenidade, seguramente porque non o cría ou non quería crer o resultado. Despois foi de sentimento de inxustiza do pobo galego con Emilio Pérez Touriño e co socialismo galego en xeral. Logo, a medida que ía reflexionando, ía atopando motivos e razóns para ese voto de castigo, finalmente fixen unha lista de cousas negativas e positivas desta legislatura.

Nas cousas positivas están todas as medidas progresistas impulsadas nestes catro anos, que fixeron que Galicia saira do vagón de cola de España. Pero tamén atopei cousas negativas, como non saber atallar a campaña marrullera do Partido Popular. Tamén botei en falta que o propio Presidente e algúns conselleiros e conselleiras non se achegaran máis á xente para escoitar os seus problemas. Aprendín que as crises se levan por diante aos presidentes. Lamentei, sobre todo, que Touriño non pegara un golpe na mesa cando o socio de Goberno fixo políticas que se semellaban máis ás do PP que as que se tiñan marcado no Pacto de Goberno.

Para mostra un botón: eu mesma pasei parte do verán do 2008 tratando de frear un xeito caciquil de actuar dos/as nacionalistas no proceso de constitución do novo grupo de desenvolvemento rural. Seguro que si lee esta nota alguén que formou parte, dende o ano 2000 en diante, do proceso de constitución do Grupo de Acción Local da ADR Ulla Umia, poderá entender porque fago esta dura acusación. Acusación que estou disposta a debater con quen queira e onde queira. Dito isto, quero engadir que teño a total confianza en que o Presidente do Grupo será quen de enderezar o barco e levalo a bo porto.

Claro que o problema non é só de quen fai senón de quen deixa facer. Ou sexa, que teremos que aprender dos erros e para a próxima ocasión que teñamos de gobernar conxuntamente ou en solitario. Agardo que sexa dentro de catro anos e que o fagamos coa mesma enerxía pero con máis acerto.

Quero expresar o meu recoñecemento a Touriño por ter asumido toda a responsabilidade tan só un día despois das eleccións, e tamén por ter levado o PsdeG dende a desfeita máis absoluta a ter 25 deputados/as no Parlamento de Galicia. E a toda a militancia socialista por estar sempre aguantando o timón para que o barco non se fose a pique en tempo de vendaval.

Longa vida ao SOCIALISMO GALEGO, ao que invito a sumarse a toda a xente progresista, a toda a xente de esquerdas de verdade deste País.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

noinalinQuerida Carmen:

Non creo que ti persoalmente teñas que xustificar nada, posto que todos os que te coñecemos mais ou menos, sabemos que fixeche todo canto estibo nas túas mans para cumprir ca promesa do cambio que promulgaba o partido socialista no seu anterior programa electoral.
Moitas das cousas que se prometeron cumprironse, aunque por desgracia no pais no que vivimos ademais de ser legal hai que parecelo, quizá o problema foi que non soupestedes vendervos como o faría o Partido Popular.
Con todo isto o que quero dicirche e que non sintas a derrota como algo persoal, porque non e así, si todos os políticos foran a metade de responsables e comprometidos coma ti, estas eleccións gañaríanse por maioría absoluta.
Nunca se fixo tanto en Galicia en tan pouco tempo... pero a maioría da xente caeu na trampa do xogo sucio do PP.
Polo que me temo que moitas persoas levaran un triste desengano.
Quedate con iso.
Un saúdo, e moito ánimo.

Anónimo dijo...

Moi acertado o comentario anterior. Totalmente certo. Dende alí onde te atopes, debes seguir a túa loita pola igualdade e pola xustiza. Esteas onde esteas, hai moitos anos que emprendeches un camiño que deu moitos froitos, todos bos.
Es un exemplo a seguir.
Saúdos e máis ánimos.