lunes, 24 de agosto de 2009

Festa 2009 da Agrupación Socialista de Cuntis


Un libro de Gustavo Vidal achegounos a figura do fundador do Partido Socialista Obrero Español, Pablo Iglesias

Os e as socialistas de Cuntis vimos de celebrar a nosa tradicional comida de confraternidade, un éxito de participación no que quedou patente a unión e a forza da agrupación do PSdeG-PSOE de Cuntis.

Sobre 150 simpatizantes e militantes socialistas reunímonos como cada ano no Monte de Marans, que albergou unha xornada de sorpresas e recoñecementos. O día incluíu tamén un espazo para a cultura e a reflexión ideolóxica, posto que contamos coa presenza de Gustavo Vidal Manzanares, autor dunha publicación sobre o fundador do PSOE, Pablo Iglesias. Foron sobre 70 as persoas que asistiron á ponencia de Gustavo Vidal, que nos acompañou durante toda a xornada e asinou un bo número de exemplares do seu libro a compañeiros e compañeiras.

Dende a Agrupación non quixemos desaproveitar esta magnífica ocasión para homenaxear a Josefina Villaverde, a nosa compañeira centenaria, que a pesar da súa idade mantense activa e ten a ilusión de cumprir “dez anos máis para seguir gozando do socialismo” coa agrupación do PSdeG-PSOE de Cuntis. Así o explicou Josefina, a quen entregamos un ramo de flores e unha insignia de prata en recoñecemento a súa firme ideoloxía socialista.

Son moitos os/as cuntienses que dende hai anos teñen amosado o compromiso co ideario socialista. Con 30 anos de participación, Manuel Navia encabeza un grupo de 18 militantes que forman parte da Agrupación Socialista de Cuntis dende hai máis de 20 anos. A todos eles (todos homes) entregámoslle tamén unha insignia de prata en recoñecemento a súa importante e difícil labor na Agrupación Socialista de Cuntis.

Neste día tan importante para o socialismo de Cuntis, estivemos acompañados por cargos do Partido Socialista como Modesto Pose, Delfin Fernández, Domingo Tabuyo, Marisol Soneira, Pablo García (secretario de Organización do PSdeG) e varios alcaldes e representantes de agrupación dos concellos do Deza e Ulla Umia.

¡MOITAS GRACIAS A QUEN FIXO POSIBLE ESTE DÍA DE ILUSIÓN SOCIALISTA!

Carmen Cajide
Secretaria Xeral