miércoles, 14 de abril de 2010

EDUCANDO EN IGUALDADE

O príncipe que lle puxo a Cenicienta o zapato de cristal fíxoo, segundo algunhas versións do conto, tras escoller a unha moza entre unha morea delas. Ben podía, era un príncipe… Blancanieves puido quedar na casa dos sete ananos se a tiña ben limpiña cando eles chegaran. Non eran mala xente, pero ningún deles lle propuxo sumarse ás tarefas que facían nas montañas tendo coidado para que ninguén a vira…

Cenicienta e Blancanieves son só algunhas das historias que teñen escoitado miles de nenas e nenos ó largo de moitos, moitísimos anos. Chéganlle da familia, do profesorado, das amizades, da televisión… Dos lugares, por tanto, dos que depende a súa socialización. A idea de Educando en Igualdad non consiste en crear cenicientos ou ananiñas que saian a cortar árbores, senón en situar os contos nun contexto histórico e loitar contra os estereotipos sexistas. As críticas enfurecidas contra Educando en Igualdad e cada unha das iniciativas do Ministerio de Igualdad e do Instituto da Muller proceden de quen non asimilou ben eses contos e pensou que eran unha realidade. Non se posicionan contra as iniciativas que directamente intentan por freo á violencia machista, non se atreven. Amosan con furia a súa contrariedade, sen embargo, se falamos de igualdade porque, tristemente, non saben a que nos referimos.