miércoles, 30 de septiembre de 2009

¡¡¡VAIA MANEIRA DE MALTRATAR A DÚAS MENORES !!!

Desapareceu. Así, misteriosamente. Un artigo que deu a volta ó mundo ó que, de repente, non se pode acceder. O problema non radica en non poder lelo: o verdadeiro problema é que fora publicado.

Os e as socialistas soportamos dende hai anos unha oposición de ataque frontal e de crítica destrutiva que busca un claro fin: a crispación social contra o Goberno. O Partido Popular é o Partido Popular. Non cambia, e non o fará nunca. Así lle van as cousas: mirando para fóra e sumando escándalo tras escándalo.

Pero agora non me indigna o Partido Popular, non. Son os seus tentáculos nos medios de comunicación. Referíame no primeiro parágrafo a un artigo titulado Las Andreítas de Zapatero, publicado no ABC e asinado por un pseudoperiodista chamado Antonio Burgos que, aproveitando unha imaxe, deixou a boa parte do país abraiada. Tremendas labazadas escritas estanlle caíndo na rede a este artista das letras e, a bo seguro, o seu artigo xa foi levado á xustiza por alguén. Cómpre reproducilo (como xa non está no ABC non sei se esta versión que copiei o recolle íntegro), por se algún de vos non se enterou da aberración:

Las Andreítas de Zetaparo

Que las niñas de Zetaparo eran dos callos horrorosos lo sabían los más íntimos en La Moncloa, pero ahora se ha enterado España entera. Son de salir corriendo. Yo no sé si es porque iban vestidas de Jalogüín, o porque lucían el uniforme oficial de los góticos, pero tú te encuentras a las 12 de la noche con estas puñeteras niñas en una calle oscura, se te acercan, un poner, a preguntarte dónde para el autobús de Alcosa, y del salto que pegas del susto llegas corriendo a Carmona.

Góticas. Los lectores que me piden este artículo me aseguran que son góticas. Vamos, como la ojiva de San Julián, pero sin el recuerdo de Fernando Moreno sacando el palio de La Hiniesta. O como la propia imagen gótica de La Hiniesta (que está por cierto en el Ayuntamiento y que no sé cómo no han mandado ya retirarla por la cosa del Nacional Agnosticismo y de quitar los crucifijos). ¡Qué ofensa para el arte gótico, llamar góticos a estos adefesios con botas de la Brigada Paracaidista en Sidi Ifni y muñequeras de levantador de pesos de Galisport! Por el volumen de su bulto redondo, así achaparrado, más que góticas me parecen románicas, que como las vea Brigitte Bardot, va y las protege. Pero, vale, aceptamos gótica como animal pinnípedo. Yo les diría algo más fuerte, pero como son menores, me callo.

(…) Me explico, finalmente, por qué Zetaparo no quería que saliera la foto. No era por las niñas en sí ni por la leche que mamó la protección del menor. Era para que no viéramos al completo este retrato de familia Monster.
-----

Pois ben. Claro está que a dignidade é do pouco que temos os seres humanos. Somos guapos ou feos, gordos ou delgados, loiros ou morenos, de dereitas ou de esquerdas. Pero nada vale se só escupimos veleno e, sobre todo, se a nosa degradación moral atenta contra a dignidade dos/as demais, como é o caso. A honra de toda persoa non merece máis respecto? Máis respecto, sobre todo, se falamos de dúas menores. Pero o problema non é só de quen fala da familia Monster. O problema é tamén dos editores e directores dos xornais que permiten ós seus articulistas difamar e calumniar. Para eles da igual chamar adefesios ás fillas de Zapatero que escribir do tempo. A liña editorial é unha cousa, e todos coñecemos por onde van os tiros no ABC e en La Razón. Os insultos son, sen embargo, cousa ben distinta. Nós, a esquerda, defendemos e sempre respaldamos a liberdade de expresión. Pero non obviamos que, amparándose nela, escríbense a diario tristes inxurias que non fan máis que falar mal da dereita deste país. Pero non por iso deixan de doer. (Se a alguén lle queda estómago pode ler tamén o artígo doutra iluminada en www.larazon.es/noticia/la-foto).

Por último, decir que estes artigos non trasmiten máis que a amargura e a mala fe dos seus autores/as.