domingo, 22 de marzo de 2009

Canta hipocrisía!!!



Canta hipocrisía!!! E dinse discípulos dun Deus xusto!!! Eu considero que con esta campaña contra o aborto están cometendo unha tremenda inxustiza coas mulleres deste País, e espero que os representantes da Igrexa Católica teñan pouco poder de convición cunha campaña que está fóra de lugar polo seu contido e por malgastar cartos nun momento de crise como a que estamos a vivir.
Canta hipocrisía!!! Alguén se pode crer que os curas gardan o celibato? Con nada que miremos ao noso arredor descubriremos que moitos deles tiveron fillos/as, supoño que por despistes, porque seguriño que saben de preservativos e outros métodos anticonceptivos. A min paréceme estupendo que os curas disfruten da súa sexualidade, pero que se deixen de hipocrisías e de xulgar o que non lle corresponde. Que se apliquen aquilo que predican de Jesús “ el que estea libre de pecado que tire la primera piedra”.
Coa súa actitude deixan claro que a vida das mulleres non lles importa para nada, para eles son meros instrumentos para a procreación, mesmo si lle custa a vida.
O que debería facer a Igrexa Católica é mirar o nivel de pederastia que teñen na súas filas, iso si que é sangrante ¡¡¡que deixen ás mulleres ser donas das súas vida!!! Cómpre que unha institución como a Igrexa aprenda a adaptarse os novos tempos, sen manter condutas que tanto mal lle fixeron as mulleres no pasado.
Tamén lamento a hipocrisía na posición do Partido Popular con respecto ao tema!!! No PP non queren leis progresistas pero despois son os/as que primeiro fan uso delas. Exemplos temos para dar e tomar.
Señores representantes da Igrexa Católica, señores e señoras do Partido Popular, deixen de andar enganando e confundindo á xente deste País. O impulso de leis como a do divorcio, a de matrimonios homosexuais, a do aborto, etc, non quere dicir que vostedes teñan que facer uso delas. Son instrumentos que están para facilitarlle as cousas a quen as necesita.
A min tocoume ser heterosexual, levo felizmente casada 33 anos e nunca precisei abortar. Pero non por iso me considero mellor nin peor que outra muller que lle tocou outra opción ou situación diferente.
Aos meus 52 anos o de abortar xa non me vai a tocar, e o resto o que Deus queira. Porque eu creo nese Deus xusto, que non vexo representado nas persoas que están impulsando esta barbaridade de campaña en contra do aborto.
¡¡¡Que deixen ás mulleres ser donas das súas vida!!!

1 comentario:

José Manuel Lage dijo...

Moi boa reflexión, gústame o que escribiches.

bicos

José Manuel Lage