lunes, 9 de febrero de 2009

Nós somos demócratas. Outros/as non.


De novo sorpréndenos o Partido Popular. Onte foi a número dous de Rajoy, María Dolores de Cospedal, que nos deixou a alucinados/as con esas declaracións sobre un suposto uso partidista do Ministerio do Interior e do poder xudicial por parte do PSOE. Esta xente semella rexerse pola máxima "minte que algo queda". Menos mal que non é certo, que a mentira non é a opción da maioría, e que a xente apostou pola seriedade e o traballo nas últimas eleccións xerais. É o mesmo que farán os galegos e as galegas o día 1 de marzo.
De Cospedal insulta ós e ás votantes coas súas declaracións, que sacan á luz un gran nerviosismo. O que lle está a acontecer ó partido no que milita non é, dende logo, para que estea tranquila. O que lle pasa a Rajoy e tamén a Feijóo, non é mala sorte, son cousas que non veñen dadas: están rodeados de equipos de escaso valor e, sobre todo, con poucas crenzas democráticas. É dubidoso, incluso o seu propio talante, porque permitir que unha das máis importantes pezas do PP salga dicindo semellantes barbaridades di ben pouco do presidente do partido.
O que podía facer María Dolores de Cospedal, se de verdade pensa que leva razón ó dicir que os socialistas manipulamos á xustiza, é presentar unha denuncia contra Baltasar Garzón argumentando que toma decisións inxustas a sabendas de que o son. Iso chámase prevaricar e é unha das máis graves acusacións que se lle poden facer a un xuíz. Pero seguramente non o fará: e mellor soltalo para que o recollan os medios de comunicación e marchar tan pancho para casa: tirar balóns fóra, vamos.
A separación de poderes é unha das bondades do Estado democrático. Dende o Partido Socialista, cremos nel. Dende o Partido Popular está claro que non.

2 comentarios:

José Carlos: dijo...

Perder las elecciones en un país democrático es algo natural y que se debe aprender a asumir, perder después de abusos continuados del PSOE, al que representas, debe avergonzaros, incluso a personas como usted, que no tiene culpa ni responsabilidad, su partido el PSOE, es el partido que mayor desprecio ha ejercido sobre los derechos humanos, ha sido condenado en el año 2006 por el TEDH,--próximamente lo volverá a ser y además por la OIT-- y esto es irrevatible, ha ingresado en prisiones a guardias Civiles por solicitar una asociación cultural y deportiva, doy fe de ello, ha ingresado a Guardias civiles, a miles, en psiquiátricos por mentar la palabra constitución y derechos constitucionales, ha aplicado un regimen disciplinario ilegal desde 1989 hasta el 2008 a más de 50000 guardias civiles privándolos de su derecho a la libertad etc; por no hablar de los grandes escándalos producidos bajo el Rey Sol, Felipe González, escándalos que muchos he vivido y que después de la documentación que me entregó roldán no me deja la menor duda de que el PSOE no es el partido de los trabajadores, es el partido que emula a Hitler es nacionalsocialista y te lo puedo demostrar con las operaciones como la columna efectuada contra la sociedad Española, --lo tiene el gobierno, se lo envié yo-perdísteis las elecciones justamente, no habéis ni escuchado ni oido a los que os solicitabamos que nos oyéirais aunque no nos diérais la razón, habéis sido unos gobernantes sobervios y prepotentes, y no os preocupásteis de hacer y buscar la justicia , especialmente para los trabajadores y de los trabajadores de la guardia civil, en el pecado va la penitencia y si no sois capaces de rectificar, creo que a mayores va la derrota, estar seguros de que tenemos la fuerza de la razón y no la razón de la fuerza y empezar a pensar en Bettino Craxi, sino corregís vuestras actitudes que demuestran vuestras altitudes, os auguro mayores sonrisas desde la tristeza en esta partida de ajedrez.

Anónimo dijo...

Como demócrata que son, procuro respectar todas as opinións e tamén a súa. Unha opinión que penso que ten máis que ver coa idea de tapar todo o que está saíndo do PP, que de querer facer algo positivo polo país. Asegúrolle que podo entendelo, eu e todos/as os/as socialistas de ben, que somos a grandísima maioría, cando o caso Roldan tamén reaccionamos como puidemos. Solo me resta dicirlle que teño moi claro que cometemos erros, así o recoñezo na seguinte entrada deste Blog. En todo caso podemos andar coa cabeza alta, non así outros como Carrera...o tempo poñerá a cada quen no seu lugar. De momento a nós púxonos na oposición con 25 deputados/as, os/as cales farán unha gran labor de seguimento e control ás políticas de progreso que deixamos asentadas nesta lexislatura. Un saúdo socialista.