sábado, 1 de noviembre de 2008

Como non nos afecta a crise, nós facemos carteis

Dixérono unha vez, creron que lles quedara bonito e veña, para adiante: “Adeus ó bipartito e grazas por nada”. Semella que o PP se empeña en trasladar á cidadanía ideas como as do señor Rajoy de falar de nenas imaxinarias que só existen na súa cabeza.
O da ocorrencia foi, desta volta, Núñez Feijóo. Pechou a súa intervención no debate do Estado da Autonomía cun chascarrillo que, de súpeto, está nos valos publicitarios de media Galicia.

O curioso é que está pero é coma se non quixera estar. Sen siglas, sen referencia algunha a quen é a entidade ou persoa responsable, enviando unha mensaxe de despedida ó Goberno Galego bastante antes das eleccións, anticipándose ó que dirá a cidadanía de aquí a uns meses. Pero a cidadanía galega sabe ler entre liñas, sabe quen está detrás destes carteis e quen tira cos cartos nun momento de crise coma este. A ningún anunciante se lle ocorrería vender un produto sen facer mención algunha a si mesmos: os 200 ou 300 euros que custan ó mes eses carteliños, supostamente anónimos, darían para varias cousas… Porque xa postos a pagar, o mellor é pagar por algo rendible...

Pero mentres os/as responsables destes anuncios perden o tempo e tiran os cartos o Goberno que Preside Emilio Pérez touriño traballa, día a día, para que os galegos e galegas poidamos contar con mellores servizos, mellores infraestruturas...

Aínda que sobren os cartos, o estilo é o sentido da responsabilidade e algo que non se pode comprar…

6 comentarios:

Anónimo dijo...

No Partido Popular en carteis e campañas pantasma teñen moita experiencia. Cando a crise do Prestige asolou este País encheron Galicia de carteis anunciando un Plan que nunca existiu.

Anónimo dijo...

Uns a entreterse e os outros a traballar. Non perdas o tempo cuns carteis que non anuncian máis que a fustración do PP.
Un saúdo socialista

Anónimo dijo...

Perdón pola corrección querida compañeira. Con esa frase quen se está a despedir é Núñez Feijóo. E él quen lle di adiós ao Goberno Bipartito porque non pensa seguir na política.
Saúdos.
Guillermo

Anónimo dijo...

Me parece muy bien, que todos los políticos os paséis el día criticándoos, los de unos partidos a otros, no me cabe ninguna duda de que es vuestro trabajo. Con lo que no estoy tan de acuerdo es con que frivolicéis con un tema como la crisis.
Creo que deberíais tomar un poco más en cuenta a la gente que realmente lo pasa mal.
Lo primero de todo, yo soy una persona que ha terminado una carrera, una vez terminada, me dijeron, tienes que hacer un master sino no te vale para nada, pues nada, hago no uno sino dos master, pensando que así no habría nada que me impidiera trabajar.
Cual fue mi sorpresa cuando me encuentro que después de mandar tropecientos mil curriculums, nadie me llama para hacer una entrevista, y no es que me llamen, haga una entrevista y la empresa considere que no soy apta, no, es que ni siquiera me dan la oportunidad de hacerme una entrevista.
Entonces que es lo que se supone me espera, pasarme mas años viviendo en casa de mis padres, conectada a Internet mandando curriculums y mirando el móvil, por si alguien se digna a llamarme.
Muchos podréis pensar que no me vale cualquier trabajo, que soy muy selectiva, pero no es cierto, he mandado para todo, cajera de supermercado, limpiadora, operaria de fabrica y nada, en unos porque no tienes experiencia y en otros porque tienes demasiados estudios.
Contando esto lo que pretendo es que los políticos no olvidéis porque cobráis un sueldo tan grande, (para mi opinión totalmente desproporcionado, pero eso ya seria otro debate) que os dejéis de atacaros unos a otros y que penséis un poco en los jóvenes como yo, que somos de una generación en la que los padre te obligaban a estudiar porque sino no serias nadie, y una vez pasados 5 años de carrera y 2 de master te quedas en casa muerta de risa, sin ninguna opción a nada (a no ser que tengas un buen enchufe porque entonces ya no tienes que demostrar nada). Eso es lo verdaderamente entristece y te impide continuar hacia delante.
He conocido tu blog a través del de Mar Barcon, soy una adicta a los blogs (mi excesivo tiempo de ocio me lo permite) y sobre todo los blogs de política, perdona por no escribir en gallego, es que soy de Salamanca, aunque llevo 12 años en Galicia.
Un saludo.

Anónimo dijo...

Sinto si ferín a túa sensibilidade,nada máis lonxe do meu pensamento que tratar a crise a broma. Son moi consciente das dificultades da mocidade para atopar un traballo que vos permita comezar a seguinte etapa da vosa vida.
Felicítote polo teu currículo académico, moitas no seu momento non tivemos a oportunidade.
Non todas as persoas que están en política o fan para enriquecerse, nin siquera por un salario "desproporcionado", recorda aquilo de que non é ouro todo o que reluce. Sabes cantas persoas poden estar en política sen cobrar un euro, ou incluso poñendo cartos do seu peto? Invítote a acercarte ó Partido Socialista e verás cantas.
Deséxoche moita sorte na búsqueda dese emprego que necesitas e ó que tes todo o dereito. Aínda que pode parecer parcial, quero dicirche que o Goberno Galego está traballando arreo por mellorar a situación laboral, con prioridade de mulleres e a mocidade.
Non fai falta que tes desculpes por non escribir en galego, pero recoméndoche que te esforces, ademais de disfutalo pode ser de axuda, sobre todo no ámbito da Administración.
Un agarimoso saúdo.
Carmen Cajide

Anónimo dijo...

Por desgracia, hai millóns de persoas sen traballo. E moitos políticos, e tamén os que non o somos, vemos con enorme preocupación a crise e as súas consecuencias.

Eu non podo máis que desexarche todo o éxito que mereces no mundo laboral. Con ese currículum chegará, no hai dúbida, aínda que estés nuns intres absolutamente desesperantes.

Sen embargo, non creo que ninguén frivolizase aquí coa crise. Máis ben creo que algúns frivolizan con carteis e outros traballan, como ben recolle a entrada na que deixaches o comentario. En España hai milleiros de políticos que deixan a pel polos seus pobos aínda que teñan que pór cartos do seu peto. Constitúen, de feito, a maioría.

A miña recomendación é que sigas mirando cara diante, non abandones aínda que teñas gañas. E, por suposto, prégoche que non sigas pensando que ó mercado laboral chégase a través dun enchufe. Non todos os que conseguimos traballo dun tempo a esta parte coñeciamos a alguén que a súa vez coñecía a alguén que coñecía... Eu deixeime a pel para acceder a un emprego. Ti te estás deixando a pel para conseguilo. E, como digo, mereces a túa oportunidade.

Pero pídoche por favor, con todo o meu agarimo, que non midas a todos os políticos co mesmo raseiro. Algúns marcan diferenzas.